| Información Xeral
O instituto está situado na praia de Rodeira, de Cangas
(Pontevedra); conta cun gran edificio de 3 andares adicados a aulas
e talleres, pavillón de deportes e unha ampla zona de lecer..
O noso alumnado (máis dun milleiro) procede da comarca do Morrazo, e no caso dos ciclos
formativos, tamén de Vigo e Pontevedra, facilitado pola céntrica
situación do instituto e a dispoñibilidade de transporte
público (barco/autobús).
Colaboramos en varios programas educativos de dimensión europea.
Entre as actividades complementarias destacan o grupo de teatro,
coro, revista, actividades deportivas, saídas culturais,
así coma concursos literarios e matemáticos.
|
 |