Información Xeral  Oferta Educativa  Secretaría   Biblioteca  Actividades   Aula Mentor 
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS

A "Asociación de Nais e Pais de alumnos/as do Instituto de Educación Secundaria de Rodeira" foi constituida por tempo indefinido ao amparo da Lei Orgánica do Dereito á educación (Lei Orgánica 8/1985) e da Lei Orgánica 1/2002 do Dereito de Asociación. Ten personalidade xurídica propia, plena capacidade de obrar e carece de ánimo de lucro.

Os recursos económicos necesarios para levar a cabo os seus fins e actividades, proveñen case exclusivamente das cotas que pagan os seus socios (o curso pasado había 161 socios).

Para asociarse só hai que ingresar, en calquera sucursal de Caixanova, unha cota anual de 12 € por familia (ainda que nela haxa varios alumnos/as) na conta que hai aberta a nome da ANPA do IES de Rodeira; facendo constar o nome e o curso do alumno (ou de todos os alumnos/as se hai varios irmáns no instituto). O resgardo do ingreso efectuado pódese entregar na secretaría do propio instituto.

Dentro dos fins recollidos nos estatutos da ANPA, podemos destacar os seguintes:
  • Asistir aos pais/nais en todo o relacionado coa educación dos seus fillos.
  • Colaborar en todas as actividades educativas e extraescolares do centro.
  • Facilitar a participación dos pais/nais de alumnos/as no control, na xestión e na programación xeral da ensinanza a través do Consello Escolar.
  • Promover a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen ningún tipo de discriminación.
No presente curso 2005/2006 renováronse os cargos da Xunta Directiva da ANPA, composta por 8 membros, que se reúnen o derradeiro venres de cada mes ás 19:00 horas no instituto. Todos os pais e nais que dexesen plantexarnos os problemas que teñen os seus fillos/as na relación co centro, ou propoñer iniciativas que axuden a mellorar a colectividade educativa, poden asistir a esas reunións ou contactar coa ANPA por medio do seguinte enderezo de correo electrónico: Anpa.ies.rodeira@gmail.com